Entre o Movemento
Obradoiro participativo no barrio das Xubias e o seu espazo litoral

>Venres 18 xuño _ espazo publico recuperado dos antigos estaleiros Valiña [ao caron da escola de vela da praia de Oza]

_apartir das 20.00h

exposición de analises da costa

proxección temática as Xubias

debate participativo


>Martes 22 xuño _ Sala de arquitectura do COAG – Federico Tapia 64 -

_17:30

Charla valoración do obradoiro "limites na densidade" desenvolvido no barrio do Agra do Orzan por Pescaderia20

_18:15

Charla valoración do obradoiro "entre o movemento" desenvolvido no barrio das Xubias e Oza por Grupo DoDó

_19.00

Conferencia Jose Maria Ezquiaga

_21.00

Roteiro en barco pola ria. Saida dende o peirao da Mariña* chegada aproximada ás 23 horas


*aforo limitado, pregase confirmación en dodogrupo@gmail.com



Os límites fan entendibles o noso territorio, definen, dan forma, dividen, relacionan. O proxecto xurde no límite, no espazo que se limita, nos encontros, no confuso. A oportunidade, a experimentación, aparece cando estes se moven ou son movidos. Cambios de fronteiras, fracturas resultado dun terremoto, muros que se abren ou se pechan, subidas e baixadas das mareas, o trazado dunha infraestutura, ...oportunidades de definir novas relacións, facendo realidade o contacto, posibilitando o entre.

A ría do Burgo é un espazo en contínuo movemento, redefiníndose de forma natural, mudando os seus límites, cada día, a cada hora...colocar unha toalla, botar unha ollada dende o coche, sacar unha foto, subir a chalana, mariscar, mollar os pés, oportunidades, proxectos.....nos que experimentar cos límites.




Hoxe en día, A Coruña atópase nun proceso de transformación dos seus espacios portuarios.

Un concello cunha liña de costa que pasou dos 37.30km no seu estado natural, aos actuais 51.47km dos que case un 40% correspóndense co porto. Actualmente, a construcción dun porto exterior de 140 hectareas, nega calqueira relación co seu espazo máis inmediato e coa cidade.

 

Á marxe deste debate, nos surxe a pregunta de cal debe ser o modelo escollido para a recuperación dos espazos portuarios e os bordes marítimos da cidade, que gradualmente iranse trasladando. Buscamos unha maneira de entender o territorio que responda a un modelo que teña máis que ver co proxecto de cidade e non tanto cunha oportunidade exclusiva de negocio, que apenas busca a transformación dos centros urbáns en parques temáticos adicados ao ocio e ao consumo. Un desenvolvemento onde sexa clave tomar conciencia do soporte no que nos atopamos, a riqueza dunha ría ameazada por una fórmula de crecemento onde non se lle prestou a atención necesaria.


Centraremos a nosa análise no ámbito das Xubias, un dos poucos espazos que actualmente seguen mantendo una íntima relación co mar. Moitas das circunstancias que rodean este espazo tan singular son o reflexo do que aconteceu e do que está a acontecer na nosa cidade, no contacto co seu borde marítimo. Oportunidades para aprender e comprender un espazo que nos segue a sorprender  e que pode ofrecernos estratexias e pautas de intervención na cidade actual, máis acordes cun modelo de cidade contemporánea e con identidade propia.


Para iso, propoñemos a reutilización dos antiguos astilleiros Valiña como espacio lúdico en contacto co mar, simbolizando como é posible revertir antigas instalación industriais privadas para novos usos de carácter público.


>Conclusions

Coa intervención no asteleiro e o roteiro pola ria non damos por rematado o traballo. Seguimos coa analise e as reflexións...

Próximamente recolleremos o traballo nun dossier para a publicacion de a cidade dos barrios.



O contacto dunha cidade co mar ten que pasar por descubrir e definir a relación que esta quere manter con este soporte, respetandoo e reforzando a especificidade do mesmo e a sua historia.


Que modelo de barrio pode manter a súa relación natural co mar?

Ata que punto unha cidade rodeada de auga fai uso da sua contorna natural?






para este traballo foi moi importante a colaboracion de Manuel Cao, patron da confraria de mariscadores da Coruña; Marga, presidenta da asociacion de veciños Oza-Gaiteira-Os Castros; e a S.D. Xubias

grazas






Voog. Make a website.