Inserción de espazos de convivencia.

Obradoiro participativo nos barrios dos Maios, Sagrada Familia, Vioño, Sardiñeira.

 

A zona de estudo abarca unha realidade moi heteroxénea. Barrios co seu propio carácter, que segundo foron crecendo, souberon reforzalo coa integración dos novos que ían chegando.

A concepción do barrio que cada un poda ter, virá marcada pola sua historia, da súa intrahistoria. Das acións dos que alí conviven á hora de atreverse a decidir, ónde sentarse, onde parar a falar, onde quedar, por onde pasear…expresar en definitiva a súa condición de cidadán de feito e de dereito.

 




Neste obradoiro debatiremos sobre as opcions dos veciños á hora de intervir no espacio publico. Cómo poden modificar as prazas e parques, qué é o que está permitido, ata onde chega a liberdade de definir espazo colectivo.
A primeira semana de Maio estas teimas faranse visibles nun obradoiro popular no espazo libre de Vioño. Fiquen atentos ás próximas novas.
Calquera opinion ou suxerencia non dubiden en facernola chegar.


>Que pasaria se...?
*



Que pasaría se...? funciona coma unha campaña a modo SPAM. Lánzanse unha serie de preguntas ó aire, buscando a reflexión por parte dos veciños sobre as posibilidades reais de intervención no espacio público, e na creación de novos escenarios de convivencia. No debate que poida xurdir poderá estar a resposta ou aparecerán novas preguntas. 

* ver primeiro punto do manifesto DoDó.


Esta campaña completarase coa definición das accións que levaremos a cabo na próxima semana.


insercion espazos convivencia


O vindeiro sabado dia 8 celebrarase o obradoiro "Inserción de espazos de convivencia" no parque de Vioño. É unha actividade de fomento da participación cidadá dentro da plataforma "a cidade dos barrios".


Está actividade ten como finalidade poñer de manifesto as opcións dos veciños de configurar o espazo público respostando as suas necesidades colectivas.




Mediante sinxelas intervencións trataremos de dotar de significado pequenas parcelas que sumen nun conxunto creado colectivamente, coa opinión e co esforzo de tódolos que queiran participar.


A escolla deste parque de Vioño ten unha dobre xustificación: Primeiro por ser o espazo común aos barrios dos Maios, Sagrada Familia, sardiñeira, e que todos os seus veciños sinten como tal. E segundo por ser un novo lugar na procura dunha identidade que proxectualmente pretende desfacerse da sua herdanza.


As actividades do sabado estructuraranse dun xeito dinamico e continuo.


Comezaremos configurando os distintos espazos: paneis informativos, sombras, exposicións, escenario, mesa comedor, perchero, sinalización espazos, mural de grafittis, obradoiro de mobiliario...


Obradoiro de creación de bancos e mesas con materiais reciclados


Expoñeranse os proxectos de "parque ideal" feito por rapaces de 5 e 6 anos [Os nenos na cidade dos barrios]


Merenda-cena gratuita e popular


Actuacións de animación e folk


Vémonos alí


>Video resumo do obradoiro


Edicy. Make a website.